Ribeira anima a captar as mellores instantáneas submarinas co quinto Campionato Infantil de Fotografía de Peixes

04 Agosto 2026

As contornas mariñas seguen sendo obxecto de actividades durante o verán, polo que o Club Subacuático Sotavento, coa colaboración do Concello de Ribeira e outras entidades, organiza a quinta edición do Campionato Infantil de Fotografía de Peixes que terá lugar na praia de Río Azor, en Palmeira, no 8 de agosto, de 10.00 a 13.30 horas.

Trátase dun open dirixido a rapazada de 4 a 16 anos que deberán levar o seu propio material e estar acompañados por unha persoa adulta. Unha vez se teña a clasificación final, entregaranse os trofeos correspondentes.

No acto de presentación participaron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; a súa homóloga de Turismo, Ana Barreiro; Héctor Costa, en representación da Federación Galega de Actividades Subacuáticas; e José Aller, por parte de Sotavento.

O edil de Deportes gabou esta actividade por dar visibilidade a outras disciplinas con este cuarto campionato que se celebra por cuarto ano consecutivo no dito areal ribeirense; unha proba dirixida á rapazada.

“Dende o Concello de Ribeira consideramos que este tipo de actividades son moi proveitosas para a nosa rapazada, ademais de servir como un escaparate dos recursos turísticos cos que contamos en Ribeira como é a praia de Río Azor, que recibe a gran número de bañistas durante o verán, así como persoas que fan deporte pola contorna aproveitando que conecta co paseo de Coroso. Por iso, ratificamos o noso apoio a este open que pon en valor o noso litoral e
captura a vida que se esconde nas nosas augas”, en palabras da concelleira de Turismo.

Pola súa parte, Costa apuntou que a finalidade é capturar co obxectivo o maior número posíbel de especies mariñas invertebradas, mentres que Aller destacou como se presta a praia de Río Azor para este campionato dados os animais que se poden atopar nas súas augas; razón pola que xa se ten celebrado o campionato galego e de España en anteriores anos.

Estímase unha participación de entre 15 e 20 nenos e nenas, permanecendo o prazo de inscrición aberto ata mañá a través do teléfono de contacto 659 411 036.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.