Prisión para o líder do clan dos Fanchos e para os outros dous detidos polo alixo de 1.400 kg de coca na Pobra

24 Agosto 2026

Prisión sen fianza para os tres detidos con 1.400 quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal

A Policía atribúe aos Fanchos a descarga e a custodia da cocaína comisada na Pobra

O líder dese grupo, Rafael R. G., é primo do Chicle, o asasino de Diana Quer

Entre os arrestados figura o líder do clan dos Fanchos, primo do asasino de Diana Quer, nun operativo conxunto coa axencia estadounidense DEA. Policia Nacional

O xulgado de Ribeira decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para os tres homes detidos o pasado sábado na Pobra do Caramiñal tras a incautación de 1.410 quilos de cocaína. A todos eles impútaselles un presunto delito contra a saúde pública.

Entre os encarcerados atópase Rafael R. G., considerado o xefe dos Fanchos, un clan familiar vencellado ao tráfico de estupefacientes na comarca do Barbanza, con especial actividade en Boiro e A Pobra. Dáse a circunstancia de que o líder deste grupo é primo de JEAG, alcumado o Chicle e autor do asasinato de Diana Quer en 2016; o arresto produciuse xusto o día no que se cumprían dez anos da desaparición da moza madrileña.

A operación policial, desenvolvida en estreita colaboración coa axencia antidroga estadounidense (DEA), iniciouse o xoves anterior, cando os axentes tiveron constancia de que dúas embarcacións descargaran unha importante partida de droga nun areal da localidade. As pescudas situaron de inmediato ao clan dos Fanchos na loxística de recepción e custodia do cargamento.

Tras un primeiro movemento sospeitoso o venres de madrugada —no que un vehículo recolleu a unha persoa con mochilas baixo estritas medidas de seguridade—, o operativo culminou na madrugada do sábado. Os axentes interceptaron ao xefe do clan xunto a outros dous individuos cando trasladaban vultos pesados desde un alpendre próximo á praia do Conchido cara a outro inmoble do municipio.

Ademais dos 1.410 quilos de cocaína, os axentes comisaron 100 gramos de heroína, diñeiro en efectivo e diverso material relevante para a causa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.