Preto de 300.000 alumnos comezan o curso en Galicia marcado pola caída demográfica e o reforzo docente

25 Agosto 2026

A baixada de matrícula esténdese por primeira vez ao Bacharelato, mentres a Xunta mantén 12.000 aulas e incorpora 900 profesores en Secundaria.

Un total de 298.436 estudantes regresarán ás aulas galegas o vindeiro 9 de setembro para iniciar o curso académico 2026-2027, o que supón un descenso de 4.617 alumnos con respecto ao ano anterior. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presentou este martes os datos dun ano lectivo marcado polo impacto da crise demográfica e a aposta polo modelo educativo híbrido e a atención á diversidade.

Distribución da matrícula por etapas:

  • Educación Infantil: 46.678 alumnos (-981)
  • Educación Primaria: 121.491 alumnos (-2.600)
  • Educación Secundaria Obrigatoria (ESO): 95.503 alumnos (-854)
  • Bacharelato: 33.474 alumnos (-229)
  • Educación Especial: 1.290 alumnos (cifra similar ao curso anterior)

A redución de matrícula chega por primeira vez á etapa de Bacharelato tras anos de crecemento impulsados polo baby boom de finais dos 2000, un descenso amortecido en parte pola incorporación de alumnado de orixe estranxeira. Quedan pendentes de pechar as cifras definitivas de FP e formación para adultos.

Máis profesorado e mantemento de aulas

Malia a perda xeral de estudantes, Galicia contará con ao redor de 12.000 aulas grazas á rebaixa progresiva das ratios a 20 escolares por unidade —que culmina en Infantil e chegará a Primaria no curso 2027/2028—. O acordo subscrito en 2023 cos sindicatos permitiu blindar e desdobrar 800 aulas que doutro xeito pecharían.

O cadro docente medrará con preto de 900 novos profesores en Secundaria e 150 profesionais de atención á diversidade (Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Orientación), dentro dun plan que sumará 400 especialistas en dous anos.

Novidades dixitais e en Formación Profesional

No eido tecnolóxico, a Xunta prevé aprobar antes de final de ano a Lei de educación dixital de Galicia e activará a ferramenta Edugalia para a prevención do fracaso escolar mediante big data. Pola súa banda, a FP estreará itinerarios formativos integrados e a primeira dobre titulación internacional, impartida no IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.