
As Festas do Carmen do Porto do Son volverán este ano a ser unha das celebracións marcadas en vermello no calendario e, tamén, un dos grandes colofóns comarcais e galegos do verán.
O alcalde sonense, Luis Oujo, acompañado por membros do goberno local, presentaron este 26 de agosto a programación completa da festividade, que se desenvolve do 7 ao 11 de setembro, e que recolle cinco intensas xornadas cheas de festa, música en directo e tradición e que contará co pregón do cardiólogo José Ramón González Juanatey.
Durante estes cinco días, a veciñanza e persoas visitantes poderán gozar da tradicional procesión marítima, pasacalles, gastronomía, verbenas, grandes orquestras e o broche final con festa da auga e fogos de artificio
Tras a presentación, o rexedor animou “a desfrutar destas marabillosas festas, que son unha das celebracións máis destacadas do noso municipio” e agradeceu “a todas as persoas que fan posible levar a cabo estas festas e que permiten que veciñanza e persoas visitantes poidan gozar de cinco días de celebración con actividades variadas para todos os públicos”.

Programación completa
Luns, 7 de setembro – Véspera
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
13:00 h: Saída dos cabezudos Os Viqueiras de Ordes desde o CEIP Santa Irene cara a praza de España para dar a benvida ao pregoeiro
13:30 h: Pregón na praza de España a cargo do cardiólogo José Ramón González Juanatey.
22:00 h: Verbena a explanada portuaria coas orquestras Capitol e Discomóbil
Martes, 8 de setembro – Na honra á Virxe do Carme
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
10:30 h: Saída da Virxe do Carme en procesión desde a Capela da Atalaia ata a explanada portuaria, a continuación misa solemne.
Ao finalizar a misa terá lugar a procesión marítima coa tradicional ofrenda floral polos falecidos no mar, finalizando con tirada de fogos
22:00 h: Verbena coas orquestras Olimpus na explanada marítima e Banda de Ayer na praza de España.
Mércores, 9 de setembro – Na honra á Virxe de Loreto
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
Misas na Capela de Loreto ás 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 18:00 e 19:00 h
13:00 h: Misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Sardiñada no campamento de Loreto amenizada por Paco de Leña.
22:00 h: Concerto de Alana na praza de España.
23:00 h: Verbena na explanada portuaria coas orquestras Origen e Discomóbil.
Xoves, 10 de setembro – Na honra de San Roque
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
12:00 h: Misa solemne na Capela de Atalaia e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.
22:00 h: Verbena na explanada portuaria coas orquestras Los Satélites e New York.
Venres, 11 de setembro – Na honra da Caridade
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
12:00 h: Misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.
17:00 h: Inchábeis da man de Tikolandia e xogos para a rapazada no xardín portuario.
23:00 h: Verbena coas orquestras Marbella na praza España e París de Noia e Discomóbil na explanada portuaria.
00:00 h: Gran sesión de fotos de artificio e, a continuación, ruada e festa da auga con traca final acompañada pola Charanga Os Celtas.




