Pecha con éxito (de participación e solidariedade) a 1ª edición do campamento de voluntariado de Noia

01 Agosto 2026

Co remate do mes de xullo pechou en Noia a primeira edición de Somos Comunidade, o primeiro campamento de voluntariado do Concello (área de Servizos Sociais), que incluíu un completo programa de actividades solidarias e de acción social, de coidados (sociais, medioambientais) e de acompañamento.

O Concello agradeceu a implicación desinteresada das mozas e mozos participantes e tamén o labor despregado polas entidades Cruz Vermella Noia, Arca de Noia, Cáritas Noia, A Creba e A Misela, que abriron as portas das súas respectivas sedes para amosar o seu día a día aos rapaces e rapazas do programa de voluntariado.

O programa de voluntariado de verán do Concello de Noia deste verán consistiu na primeira edición de Somos Comunidade, un campamento xuvenil de participación social. A iniciativa permitiu aos mozos e mozas coñecer de preto e colaborar no día a día de entidades sociais locais da vila.

Os obxectivos foron achegar a realidade social e inclusiva da contorna á mocidade; fomentar valores de solidariedade, apoio mutuo e convivencia; e implicar os participantes en tarefas cotiás de coidado e acompañamento comunitario.

No programa de voluntariado Somos Comunidade do Concello de Noia participaron preto dunha vintena de rapazas e rapaces.

Os mozos e mozas participantes tiñan idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos e dividíronse en dúas quendas consecutivas ao longo de todo o mes de xullo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.