Os novos residentes de Outes poderán participar en setembro nun curso de introdución á lingua e á cultura galegas

31 Agosto 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e coa colaboración do Concello de Outes, inserido na Rede de Dinamización Lingüística, vai realizar un curso dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial: unha actividade formativa para persoas maiores de 16 anos que se achegan por vez primeira ao galego.

Trátase dun curso presencial, de 20 horas, co que se pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade, dirixíndose particularmente aos novos galegos e galegas provenientes do exterior.

Vai dirixido a un grupo de entre 10 e 20 persoas. e desenvolverase na Casa da Cultura de Outes. Ao remate da formación entregarase un diploma acreditativo.

Outros artigos

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.