“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

06 Agosto 2026

O presidente que non o foi de España porque non quixo – a realidade foi que os votos a prol

acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría minoritaria do Congreso dos Deputados- sabe máis de como evoluciona un incendio forestal ca do idioma inglés (que non aprendeu porque, dixo non vai moito, estudou nunha escola rural que ben sei estaba nos Peares). 

As clases para demostrar que sabía apagar o lume dun ribazo evidencióunas nunha reportaxe da televisión na que, con roupa que ninguén lle recomendaría para semellantes labores, con zapatos tipo mocasín máis axeitados para pasear pola rúa dunha cidade que para agatuñar mangueira en man ese ribazo que comento empregando para a extinción do incendio unha mangueira que non resistiría moito a proximidade ás lapas, o presidente que non quixo selo remachou a pasada fin de semana esa demostración palmaria do seu dominio de como domear un incendio declarado nun monte facendo mención a como o lume é vertical ou vai en zig-zag en función da temperatura dominante no lugar afectado polas lapas. Por exemplo, nun monte galego que o presidente que non o foi porque non quixo debe coñecer ben porque aquí, en Galicia, foi presidente durante catro lexislaturas (desde 2009 ata 2022) e tivo que aturar moi importantes incendios forestais nos que, evidentemente, non actuou coma un bombeiro forestal porque para tal cometido estaban e están os empregados públicos que non traballan durante o inverno porque nese tempo chove e a choiva é mala compaña para o lume (malia saberse por longo percorrido que os lumes do verán poden evitarse limpando os montes no inverno. Por máis que a choiva tamén faga das súas en zig-zag). 

Estou convencido de que o presidente que non o foi porque non quixo (o que non impide que o sexa) aínda pode dar pasos de xigante na carrreira de apagar ben os lumes forestais a partires das teorías zigzagueantes que tanto amolan aos bombeiros de verdade. 

Outros artigos

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.