O PSOE de Rianxo denuncia o estado da escola unitaria da Bacariza e reclama “medidas inmediatas de seguridade”

28 Agosto 2026


O Grupo Municipal Socialista de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, emitiu un comunicado no que denuncia o estado de conservación da escola unitaria da Bacariza, en Isorna, un espazo que segundo lembra a agrupación “lonxe de estar pechado ou sen uso, é utilizado diariamente pola veciñanza, con máis de dez persoas reuníndose decote para xogar ás cartas”. Segundo sinalan no comunicado, o estado no que se atopa o inmóbel é “moi preocupante”, en parte porque o acceso a este espazo realízase precisamente pola zona na que se poden observar importantes sinais de deterioro e desprendementos no teito.

Ademais, indican, “no interior tamén son visíbeis humidades, manchas de mofo e deterioración do teito e das paredes, nunha situación que require unha actuación inmediata”, sinalan, engadindo que “non estamos falando dun espazo abandonado sen uso, estamos falando dun lugar ao que acode a veciñanza todos os días e ao que se está accedendo por unha zona que presenta un risco evidente”.

Desde o PSOE consideran “especialmente grave” que, ante esta situación, o Concello non teña executado unha actuación de reparación, nin establecido medidas preventivas, nin limitado o acceso á zona afectada para garantir a seguridade das persoas.

Os socialistas reclaman ao Goberno municipal que inspeccione o estado do inmóbel e “adopte de inmediato todas as medidas necesarias para evitar calquera accidente, ademais de programar a reparación das deficiencias existentes”.

“A veciñanza de Rianxo merece poder desfrutar de espazos públicos dignos, seguros e en condicións. A prioridade dun Goberno municipal debería ser protexer ás persoas e manter os equipamentos públicos, non deixar que os problemas se acumulen ata converterse en riscos”, sinalan.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.