O noveno torneo de pádel Cidade de Ribeira disputarase do 8 ao 15 de agosto

04 Agosto 2026

A raqueta será a protagonista dun novo evento deportivo co noveno Torneo de Pádel Cidade de Ribeira – Cervecería Morrison que se desenvolverá no Centro de Deportes de Raqueta entre o 8 e 15 de agosto, en horario de tarde durante a semana e todo o día na fin de semana. Trátase dunha cita organizada polo Club Deportivo Pádel Ribeira, coa colaboración do Concello, que repartirá 2.500 euros en premios.

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, destacou esta proba como “unha fórmula de dar visibilidade a un deporte de raqueta que xa nos últimos anos foi gañando popularidade e conta actualmente con moitos afeccionados en Ribeira. De feito, temos o perfecto exemplo na cantidade de veciños e veciñas que se achegan ao Centro de Deportes de Raqueta”.

Na súa intervención, o edil quixo agradecer a colaboración dos distintos clubs do municipio por dinamizar a vida deportiva da localidade implicándose na organización de eventos desta índole. “O Concello de Ribeira ten un forte compromiso co deporte e, por suposto, estamos sempre coa man tendida para todo
canto precisen de nós as entidades”, manifestou Vidal, quen estivo acompañado de Fran Lorenzo e Gabriel Barreiro, secretario e tesoureiro da dita entidade deportiva, respectivamente.

As categorías participantes son masculina, feminina e mixto. O prazo de inscrición remata hoxe ás 17.00 horas a través da páxina web www.mistorneosonline.es. Polo de agora, hai 115 parellas anotadas. A cota a pagar dependerá de si as persoas participantes son socios ou non.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.