O Natural Sport celebra o seu 30 aniversario cunha xornada de exhibición, gastronomía e música na rúa do Sal

19 Agosto 2026

O club Natural Sport continúa coa conmemoración das súas tres décadas de traxectoria e levará as súas celebracións á emblemática rúa do Sal o vindeiro sábado 29 de agosto, en colaboración co Concello de Ribeira. A xornada combinará deporte base, exhibicións de taekwondo, lecer infantil e unha degustación gastronómica solidaria pensada para recadar fondos para os desprazamentos do equipo de competición.

  • 11:00 h: Adestramento aberto do equipo de combate do club.
  • 12:00 h: Xornada de portas abertas e clases de proba para crianzas a partir de dous anos.
  • 13:00 h: Instalación de inchables e inicio da sesión vermú coa actuación de Chiña.
  • 14:30 h en diante: Animación musical con sesión DJ.

Gastronomía da ría para apoiar a canteira O evento contará cunha vertente gastronómica a base de produtos do mar proporcionados por Mariscos Bomar e a Lonxa de Ribeira. Os asistentes poderán degustar racións de empanada, croquetas e arroz con marisco adquirindo os tíckets directamente nos locais de hostalaría da rúa do Sal (mediante pago en efectivo). O recadado destinarase integramente a sufragar os custos das viaxes dos deportistas de base e de competición.

Dinamización local e recoñecemento institucional Durante a presentación, a concelleira de Turismo, Ana Barreiro, subliñou o papel do club como referente comarcal e galego capaz de proxectar o nome de Ribeira fóra das súas fronteiras e dinamizar a hostalaría local. Pola súa banda, o edil de Deportes, Álex Vidal, puxo en valor a actividade como punto de encontro e escaparate para achegar o taekwondo á veciñanza.

O director deportivo do club, Juan Luis Martínez, e o presidente, José Francisco Agrelo, lembraron que a entidade xa supera a quincena de accións conmemorativas organizadas ao longo deste ano para celebrar estes trinta anos de historia deportiva e social.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.