O Concello do Son inviste máis de 1.455.000 euros nun plan de mellora dos servizos públicos e infraestruturas

27 Agosto 2026

O Concello do Porto do Son compartiu os detalles da súa axenda destinada a “facer realidade demandadas históricas” e “dar resposta ás necesidades da veciñanza do municipio”, segundo informaron fontes do Consistorio, engadindo que desta volta será destinada unha partida de 1.455.253 euros para “realizar un conxunto de obras prioritarias e mellorar os servizos públicos e as infraestruturas municipais”.

Tras o anuncio, desde o Goberno municipal destacan que “esta decisión responde a unha planificación económica responsable, que aposta por aproveitar a capacidade financeira do Concello para realizar investimentos que beneficien o conxunto da poboación e que atendan a demandas históricas”.

O Executivo engade que “estas actuacións suporán unha mellora significativa en diferentes puntos do municipio, contribuíndo aos desenvolvemento equilibrado de todas as parroquias e reforzando o compromiso do Concello cunha xestión próxima, eficaz e orientada ao interese xeral”.

Completo plan de obras

A relación de obras e de proxectos que se realizarán neste plan de actuación son os seguintes:

-Instalación de 2 fosas sépticas con filtro para depuración das augas residuais xeradas no núcleo de Basoñas, por importe de 49.963 euros.

-Instalación de fosa séptica no núcleo de Seoanes, por importe de 36.969 euros.

-Proxecto de acometidas para saneamento na parroquia de Queiruga, por importe de 21.900 euros.

-Renovación do parque infantil en Nebra, por importe de 46.691 euros.

-Convenio entre o Concello e a Consellería de Sanidade para a rehabilitación da cuberta do consultorio en Portosín, por importe de 23.884 euros.

-Proxecto de rehabilitación funcional da infraestrutura de servizos sociais na Casa da Cultura de Caamaño, por importe de 120.000 euros.

-Proxecto de mellora da capa de rodadura no núcleo A Igrexa, por importe de 26.827 euros.

-Proxecto do muro de contención en Montemuíño, por importe de 48.383 euros.

-Proxecto de mellora da cada de rodadura da vía de acceso ao núcleo de Agrelo, por importe de 46.597 euros.

-Proxecto de mellora da capa de rodadura da vía de acceso a vivenda en Agrelo-Noal, por importe de 14.390 euros.

-Proxecto de mellora da capa de rodadura no núcleo de Agrelo-Noal, por importe de 38.542 euros.

-Proxecto de mellora da capa de rodadura do núcleo de Puilla (Nebra), por importe de 43.261 euros.

-Proxecto de mellora da capa de rodadura do núcleo de Portosín, por importe de 16.033 euros.

-Modernización e adecuación da Escola Infantil do Porto do Son, por importe de 50.000 euros.

-Dirección das distintas obras e actuacións, por importe de 15.686 euros.

Máis melloras complementarias a partir de setembro

Paralelamente, a partir do vindeiro mes de setembro, desde o Concello comezarán a licitarse outro compendio de obras complementario e que en palabras do Goberno local “tamén implicarán unha mellora significativa en diferentes puntos do municipio”. Son os seguintes:

-Saneamento en Aguieira norte, por importe de 227.915 euros.

-Saneamento en Foloña e Carantoña, por importe de 320.233 euros.

-Saneamento no lugar de Laranga, por importe de 118.391 euros.

-Saneamento nos lugares de Agrelo e Outeiro, por importe de 82.8756 euros.

-Saneamento no lugar de Parada.

-Mellora dos camiños rurais no lugar O Loreto, por importe de 56.712 euros.

-Mellora da instalación de climatización e ventilación do Centro de Día do Porto do Son, por importe de 50.000 euros.

-Ademais realizaranse a mellora da capa de rodadura en Carballosa, Caamaño e Cabanela e a reposición dos servizos e pavimentos de Freixedo.

Tras o anuncio deste compendio de obras, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou que “este é un plan adaptado ás necesidades da veciñanza, que reforza o compromiso deste Toberno local coa mellora das infraestruturas municipais, facilitando a mobilidade e contribuíndo na mellora da calidade de vida”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.