O Concello do Son evita a emisión de máis de 19,2 toneladas de gases pola súa xestión do residuo téxtil

28 Agosto 2026

O Concello do Porto do Son publicou os resultados da xestión do residuo téxtil durante o período desde marzo ata o mes de xullo deste ano 2026. Segundo os datos facilitados pola Comisión Europea, a xestión eficiente dos 6.070 quilos de residuos téxtiles recollidos neste intervalo de tempo traduciuse nun aforro de 19,2419 toneladas de emisións de gases de efecto invernadoiro (CO₂).

Desde o Concello destacan estes “bos resultados” e poñen de manifesto “a importancia de continuar utilizando os colectores específicos, así como de fomentar prácticas responsables no tratamento da roupa e do calzado en desuso”.

Así, desde o Goberno local agradecen á veciñanza “o seu compromiso, concienciación e implicación nestas tarefas” e animan a continuar “depositando estes residuos unicamente nos recipientes autorizados para garantir a calidade do proceso e evitar que o material acabe contaminando outros circuítos de lixo”.

Na mesma liña, o alcalde, Luis Oujo, destacou que “estes bos resultados reafirman o compromiso deste goberno coa sustentabilidade e coa mellora continua dos servizos de recollida selectiva”.

“A reutilización e o correcto tratamento destes materiais supoñen un compromiso real coa sustentabilidade do noso territorio, coa loita contra o cambio climático e co futuro do medio ambiente”, rematou.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.