O Concello de Ribeira destina máis de 54.000 euros para as familias cara ao inicio do curso escolar 2026-2027

30 Agosto 2026

As familias prepáranse para o inicio do curso escolar 2026-2027 e o Concello de Ribeira colabora nesta volta ás clases destinando 54.785,89 euros en axudas para comedor e adquisición de material escolar.

A Administración local concede un total de 132 axudas para a rapazada dos distintos centros educativos de infantil, primaria e secundaria do termo municipal co obxectivo de facilitar o comezo do ano académico nas distintas idades.

“Estamos a piques de comezar o mes de setembro e, con el, chega un novo curso escolar e unha época de moito investimento por parte das familias para preparar aos seus fillos e fillas no regreso ás aulas. Dende o Concello de Ribeira somos conscientes do esforzo económico que supón e, por iso, queremos contribuír a facilitar este novo ano académico sufragando comedor e adquisición de material escolar, tanto libros como dispositivos informáticos. En consecuencia, isto supón un esforzo que fai a Administración local poñendo o foco nos servizos, pensando especialmente nas familias en situación de vulnerabilidade”, en palabras do concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño. A isto engadiu que “son máis dun cento de axudas concedidas para facilitar o acceso á educación en igualdade de condicións.”

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.