O Concello de Ribeira clausura o obradoiro de conciliación de verán coa participación de 200 nenos e nenas

31 Agosto 2026

Como xa é habitual en períodos non lectivos, o Concello de Ribeira puxo en marcha durante o verán o obradoiro de conciliación para facilitar a compatibilización da vida persoal e laboral das familias durante a época estival.

Esta prestación desenvolveuse dende que remataron as clases e ata antes de que a rapazada volva á aulas “coa garantía de que os seus fillos e fillas son atendidos por profesionais mentres eles compren cos seus compromisos laborais”, manifestou a alcaldesa María Sampedro, engadindo que “esta é unha mostra do compromiso do Concello de Ribeira coas políticas de conciliación como tamén se constata noutras épocas como Semana Santa ou o Nadal”.

A visita, na que participou tamén o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, celebrouse nas instalacións do CEIP O Grupo, que é o lugar onde se desenvolve este obradoiro. Ademais, a rapazada tamén puido desfrutar dos servizos de Madruga e Comedor.

Sampedro destacou que “os nenos e nenas non só tiveron ocasión de desfrutar de tempo de lecer, senón que tamén de novas aprendizaxes e valores como a igualdade e o coidado do medio ambiente”. Neste senso, a rexedora anunciou que xa se están ultimando os traballos para sacar a licitación estes obradoiros de conciliación, cunha duración de dous anos e outro de prórroga, que “incrementará os servizos.”

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.