O Concello de Rianxo volve aprazar un mes o cobro dos recibos domiciliados do IBI

28 Agosto 2026

Como vén sendo habitual, o vindeiro 1 de setembro comeza o período voluntario de pago do IBI. Rematará o 2 de novembro.

O IBI (Imposto sobre Bens Inmobles) é un tributo municipal obrigatorio en España que deben pagar todos os propietarios de bens inmóbeis, como vivendas, locais, garaxes ou terreo.

Ao igual que se fixo o ano pasado e “atendendo á solicitude de moitos veciños e veciñas”, o Concello volverá aprazar un mes a data de cobro dos recibos domiciliados. Estes cargaranse entre o 1 e o 2 de outubro no canto de a comezos de setembro como se viña facendo antes, en palabras do Concello “un momento de moitos gastos para as familias rianxeiras”. A medida busca aliviar a volta ao colexio e o remate do verán nos fogares, e minimizar as cargas cada vez maiores que o inicio do curso lles reporta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.