O Concello de Padrón declara dous días de loito oficial polo falecemento da concelleira Ana Belén Castro García

05 Agosto 2026
Grupo de Goberno do Concello de Padrón

O Concello de Padrón emitiu un comunicado no que llamenta “profundamente o falecemento de Ana Belén Castro García”, concelleira do Goberno municipal desde 2023, e acorda declarar dous días de loito oficial en sinal de respecto e homenaxe á edil.

Ana Belén Castro García

Ana Castro formaba parte do grupo municipal socialista e era responsábel das áreas de Urbanismo, Vivenda e Solo, Medio Ambiente, Vías e Obras, Abastecemento de Auga Potable e Saneamento, Parques e Xardíns, Limpeza Viaria e Recollida e Tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos.

Ademais da súa actividade política, era presidenta da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Lapido e xefa de brigada de bombeiros forestais da Xunta de Galicia.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, expresou o pesar de todo o Goberno municipal pola perda dunha persoa moi comprometida co municipio: “Padrón perde unha servidora pública enormemente comprometida co noso pobo. Unha concelleira competente que dedicou os tres últimos anos da súa vida a traballar para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza xestionando áreas de grande complexidade. Unha persoa boa e xenerosa comprometida sempre ao cen por cen coa súa familia e sempre disposta a botar unha man en todo aquelo no que podía resultar de axuda.”

O rexedor quixo tamén agradecer o traballo compartido durante este mandato e reafirmar o compromiso do Executivo municipal de continuar desenvolvendo o proxecto no que Ana Castro participou activamente. “Como Goberno de Padrón, pero sobre todo como compañeiros e compañeiras, como amigas e amigos, agradecemos profundamente ter tido a oportunidade de servir ao noso pobo xunto a Ana neste mandato no que, entre todos e todas, estamos a conseguir grandes avances para Padrón.”

“Na súa memoria, téndoa sempre presente, o Goberno de Padrón seguirá traballando con toda a capacidade para continuar nesta senda de progreso. Sabemos que é o que Ana Castro quería e así o faremos.”

A capela ardente está instalada no Tanatorio de Padrón.

O funeral celebrarase o venres na parroquia de Bamio e, posteriormente, Ana Castro será incinerada na intimidade familiar.

Por expreso desexo de Ana Castro, non se admiten flores. As persoas que desexen renderlle homenaxe poden destinar ese importe a un donativo para a investigación contra o cancro, cumprindo así a súa vontade.

O Concello de Padrón traslada o seu máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas, e agradece as numerosas mostras de afecto e apoio recibidas nestas últimas horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.