O Concello de Dodro toma medidas pola ameaza da seca

14 Agosto 2026

A situación de diminución progresiva nas reservas de auga do concello de Dodro obriga ao Concello a tomar medidas. O obxectivo, en palabras do Consistorio, “é garantir o abastecemento de auga para o consumo humano e os usos esenciais”. Engade que en todo caso “son medidas extraordinarias de aforro de auga que se manterán ata que a situación cambie”.

Este venres 14 de agosto está previsto que se emita un bando no que se toman tres principais puntos de acción para conseguir o aforro preciso. O primeiro a prohibición do enchido total ou parcial de piscinas privadas; prohíbese así mesmo o lavado de vehículos mediante mangueira ou outros sistemas que empreguen auga da rede municipal; para rematar este apartado de restricións está a prohibición de regar xardíns, zonas verdes, hortas de lecer e espazos ornamentais utilizando auga procedente da rede municipal. Estas restricións permanecerán en vigor ata que a situación de abastecemento permita a súa retirada.

Outras medidas de aforro

O Concello engade que a colaboración de toda a veciñanza é fundamental para preservar un recurso esencial como é a auga e garantir a súa subministración a toda a poboación.

O Concello de Dodro publicará e distribuirá tamén un cartel no que recomenda medidas que poden axudar a preservar o abastecemento.

Entre esas medidas figuran as seguintes: pechar as billas de auga e evitar que pinguen; usar tanto o lavalouzas e a lavadora cheos e non a media carga; lavar a froita nun recipiente e non baixo a billa; ou gardar auga fresca na neveira. Se temos que comprar un electrodoméstico e convinte mirar que consumos de auga ten.

Nas recomendacións tamén se inclúen ducharse en lugar de bañarse; evitar que a cisterna pingue; pechar a billa mentres nos afeitamos ou recoller a auga mentres se vai quentando para usala máis tarde. “Todas estas son medidas doadas de aplicar e que tamén axudan a aforrar auga e garantir o abastecemento mentres dure esta situación”, informa o Concello, engadindo outras pautas a seguir: optimizar o uso da auga no xardín ou na piscina; buscar as horas de menor evaporación para regar; usar o lavado automático do coche e non con mangueira; bañar a nosa mascota nun terreo que precise auga; cubrir a piscina sempre que sexa posíbel para evitar evaporación; comprobar que non haxa fugas ou instalar un botón de paro automático se se ten ducha na piscina.

Desde o Concello de Dodro pídese a colaboración da veciñanza xa “que non sabemos canto tempo pode manterse esta situación”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.