O Concello de Boiro selecciona un director, un mestre e un titor para o programa de emprego Xuventude II en xardinería

07 Agosto 2026

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación do persoal docente e directivo que impartirá o programa de formación e emprego Talento Mozo denominado “Xuventude II” na especialidade de mantemento de xardíns e zonas verdes. Vaise seleccionar un/ha director/a, un/ha titor/a e un/ha mestre/a.

Os requisitos para formar parte deste proceso selectivo serán os comúns para o acceso ao emprego público relativos á nacionalidade, capacidade funcional, habilitación e compatibilidade. Ademais, haberá uns requisitos específicos para cada un dos postos: no caso do director a titulación de grao; o docente deberá estar en posesión do título de grao e dispoñer do certificado profesional de habilitación para a docencia; no caso do titor/a deberá ter a titulación de licenciatura ou grao en pedagoxía, psicopedagoxía ou psicoloxía.

O programa terá unha duración de 12 meses e formaranse 16 persoas mozas maiores de 18 anos e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, recibirán formación teórica e tamén práctica en xardíns e zonas verdes dos municipios de Boiro, Rianxo e A Pobra.

O programa de formación e emprego Talento Mozo “Xuventude II” dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración mediante unha subvención de 478.994,36 euros.

As bases e toda a información sobre o proceso selectivo do persoal docente e directivo están a disposición das persoas interesadas na web municipal. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles e remata o 14/08/2026.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.