O C.F. Noia e o C.D. Boiro enfróntanse este sábado nun partido benéfico a favor de BarbanTEA

03 Agosto 2026

Noia vai acoller o vindeiro 8 de agosto un partido benéfico a favor de BarbantTEA, a entidade inclusiva de persoas con trastornos de espectro autista do Barbanza. O partido xogaranse o venres ás 20.00 horas no Estado Municipal Julio Mato “Matito”, en Noia, e enfrontará ao C. F. Noia co C. D. Boiro.

As entradas terán un prezo de 5 euros e a recadación doarase integramente a BarbanTEA, asociación que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas autistas e das súas familias, así como para promover unha sociedade máis accesíbel e inclusiva.

Desde BarbanTEA agradecen a colaboración dos dous clubs e de todas as persoas implicadas na organización deste encontro solidario.

“Animamos á veciñanza de Noia, Boiro e de toda a comarca a achegarse ao estadio, desfrutar do fútbol e apoiar esta iniciativa”, sinalan dende a entidade.

Partido: C. F. Noia – C. D. Boiro

Data: 8 de agosto

Hora: 20:00 h

Lugar: Estadio Municipal Julio Mato “Matito”, rúa Bolivia, s/n, Noia

Entrada: 5 €

Destino da recadación: BarbanTEA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.