Novas concentracións pola sanidade pública en Ribeira, Aguiño, A Pobra e Rianxo

27 Agosto 2026
Concentración da semana pasada en Aguiño

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza anunciou novas mobilizacións neste remate de agosto. Para comezar, este último xoves a veciñanza concentrarase ás 12.00 do mediodía no Centro de Saúde de Ribeira. O motivo é poñer de manifesto que neste intre hai dúas prazas de medicina de familia e unha de enfermería que non teñen titular, “ademais de todas as ausencias por vacacións”, agravadas polo feito de contar Ribeira e o seu concello con moita máis poboación demandante de servizos sanitarios, por tratarse de tempada de vacacións e de afluencia de turistas.

Ademais, este venres 28 de agosto volverán concentrarse diante do Centro de Saúde de Aguiño ás 11:30 horas. A plataforma recorda que “nesta época estival, co aumento de poboación, a baixa de longa duración do Centro de Saúde de Aguiño (de mais de 9 meses) dunha das 2 médicas de familia cubriuse cun día de tarde de 4 horas xerando importantes atrasos nas citas”.

Un pouco máis tarde, ás 12.00 horas, haberá outra concentración diante do Centro de Saúde da Pobra co obxectivo de reclamar a apertura do PAC en horario de tarde, e a cobertura das ausencias do persoal.

O martes que vén, 1 de setembro, primeiro martes de mes, a plataforma volve ás 20:00 diante do Centro de Saúde de Rianxo, por “un PAC a tempo completo en Rianxo”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.