Martes 25, ceos anubrados e chuvascos polo oeste

24 Agosto 2026

Galicia quedará durante a xornada do martes baixo o dominio dunha pequena borrasca situada ao oeste de Irlanda. Agárdase unha xornada marcada por intervalos anubrados, con chuvascos máis probables na costa e no oeste da comunidade que poderán estenderse cara ao interior co avance do día. No terzo norte predominarán as nubes medias e altas, permitindo a presenza de anacos de sol.

  • Temperaturas: As mínimas apenas experimentarán cambios significativos, mentres que as temperaturas máximas rexistrarán un lixeiro descenso.(máxinas 24 graos).
meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.