Luns 24, xornada de forte inestabilidade e chuvascos treboentos en Galicia. Volve a chuvia logo do verán máis seco e caloroso desde 1961

23 Agosto 2026

Este luns 24, San Bartolomé, as choivas avanzarán de sur a norte con intensidade no oeste e no sur, mentres as temperaturas máximas baixarán na metade leste.

A proximidade dun centro de baixas presións marcará o arranque da semana en Galicia cunha xornada caracterizada por unha elevada inestabilidade atmosférica. O ceo presentarase parcialmente cuberto e as precipitacións iranse xeneralizando de sur a norte a medida que avancen as horas.

Segundo as previsións meteorolóxicas, os chuvascos poderán ser localmente fortes e de carácter treboento, especialmente na franxa oeste e na metade sur da comunidade.

Claves da previsión para a xornada:

  • Precipitacións: Chuvascos en progresión de sur a norte, con intensidade puntualmente forte e risco de treboadas no sur e oeste galego.
  • Temperaturas: Valores sen cambios xerais significativos, aínda que as temperaturas máximas experimentarán un descenso notable na metade leste.Máximas de 25 gtraos).
  • Réxime de ventos: Soprarán frouxos de compoñente sur, acadando intervalos de intensidade moderada no tramo costeiro comprendido entre A Guarda e Fisterra, así como nas zonas altas do interior.
meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sur á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 5 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.