Leiro acolle este sábado 8 de agosto a V edición da Festa Gastronómica de Produtos do Mar

05 Agosto 2026

A veciñanza de Rianxo segue adiante este verán reivindicando a excelencia dos seus produtos do mar. Desta volta tócalle á parroquia de Leiro, onde o lugar de Rañó, concretamente o merendeiro da Lomba, acollerá este sábado 8 de agosto a quinta edición da súa Festa Gastronómica de Produtos do Mar.

O evento, que ademais de exaltacións gastronómicas inclúe actuacións musicais, darán comezo ao mediodía, xa case á hora do xantar.

As actividades arrincarán cunha sesión vermú a cargo da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo.

Logo comezará o xantar amenizado pola agrupación Río do Anxo.

Despois de comer, ás 17.00 horas, actuarán D’Crooners Band e máis tarde haberá picadiscos (DJ).

As racións serán de empanada de xouba, de choco na súa tinta, de anguía fritida e de polbo con fabas e ameixas.

Compre reservar mesa a través do teléfono 658 116 944.

Na organización está a Confraría de Pescadores, a veciñanza de Leiro e o Concello de Rianxo.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.