Este venres comeza o Jazz Noia con concertos gratuítos na praza da Constitución (e unha clase maxistral no Coliseo)

10 Agosto 2026

O menú cultural de Barbanza este verán é ante todo variado, con propostas para os máis melómanos. Un exemplo disto é a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura.

Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto de 2026. Os concertos, que son todos de balde, encherán de música en directo a praza da Constitución, no corazón do centro histórico da vila. Todas as actuacións nocturnas comezarán ás 21:30 horas.

O programa reúne grandes músicos e propostas moi diferentes.

Venres 14

21:30 h · Rubén Reinaldo Quartet

23:00 h · Xan Campos presentando Amorodio

Sábado 15

21:30 h · Atlantic Bridge Trío & Steve Brown, presentando o disco Return to standard

23:00 h · RPE Trío & Puri Penín, co espectáculo Revista do pop español

E tamén o sábado, ás 13:00 h no Coliseo Noela, teremos unha clase maxistral de Steve Brown sobre os fundamentos do jazz.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.