Este mércores 12 teremos aire moi cálido cun ascenso térmico e ceos despexados. O tempo á hora da eclipse

11 Agosto 2026

Galicia quedará este mércores baixo a influencia directa das altas presións. Esta configuración meteorolóxica deixará un ambiente soleado e un novo e lixeiro ascenso das temperaturas na maior parte do territorio. Máximas de 33 caida a 22-24 graos.

Os primeiros compases do día estarán marcados polos contrastes. Durante as primeiras horas agárdase a presenza de nubes baixas no terzo norte, néboas no interior e brétemas costeiras ao longo da fachada atlántica.

Con todo, co avance da mañá estes bancos de néboa iranse disipando ata deixar ceos amplamente despexados en toda a xeografía galega.

Predicción meteorolóxica estimada para esa franxa horaria (19:30 h – 21:00 h)

1. Rías Baixas (Pontevedra e sur da Coruña)

  • Previsión do tempo: Ceos xeralmente despexados ou con moi pouca nubosidade cara ao interior e o sur da provincia de Pontevedra (Vigo, Pontevedra, O Salnés).
  • Risco a ter en conta: A entrada de brétemas ou nubes baixas costeiras na liña de praia/litoral ao solpor. Se te encontras na costa (como na ría de Arousa, Muros e Noia ou na franxa atlántica), pode entrar néboa dende o mar xusto a esas horas aínda que a probabilidade é baixa.
  • Consello de visibilidade: Buscar puntos con certa altitude ou un horizonte oeste completamente despexado de montañas e néboa mariña.

2. Santiago de Compostela e contorna

  • Previsión do tempo: Predominio de ceos despexados ou con algunha nube baixa illada, con moi boa visibilidade xeral na franxa central e interior.
  • Condicións astronómicas: En Santiago a ocultación solar será case do 100% (parcialidade extrema, 99,9%). Ao caer a tarde, prevese un descenso rápido da temperatura e da luminosidade.

Tiempos clave do fenómeno (12 de agosto)

LugarInicio do eclipseMáximo do eclipseTipo de visibilidade
Rías Baixas~19:31 h20:28 hParcial (99% – 99,9%)
Santiago de Compostela~19:31 h20:29 hParcial (99,99%)
Probabilidade de poder ver a eclipse. MeteoGalicia
meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.