Este 15 de agosto volve A Feiriña de Outes

11 Agosto 2026

O Concello de Outes, a través do Servizo de Normalización Lingüística, vai organizar esta fin de semana a nova edición (a sétima) da Feiriña, un encontro para reivindicar as relacións veciñais e comerciais tradicionais, a creatividade local (e galega) e a dinamización social baseada na comunicación e na participación.

A Feiriña celebrarase novamente no centro da Serra de Outes os días 15 e 16 de agosto.

Haberá comercios tradicionais, postos de artesanía e de produtos do agro, polbeira, concertos, actividades de animación infantil para a rapazada (con inchábeis e obradoiros de artesanía infantís), establecementos hostaleiros a pé de rúa e xeados.

A Feiriña é a gran feira do comercio local, o agro e a artesanía do municipio.

En edicións anteriores superáronse os 60 postos de venda a disposición de veciños e visitantes, principalmente na rúa da Capela, e todo indica a que este ano alcanzarase a dita cifra ou mesmo superarase.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.