Esta fin de semana celébranse as festas de San Pedro de Muro (O Son)

29 Agosto 2026

Esta fin de semana celébranse as festas da parroquia de San Pedro de Muro, no Porto do Son, unhas celebracións que comezaron este venres 28 de agosto cunha misa na honra do Corazón de Xesús ás 13.00 horas acompañada pola música tradicional galega do grupo de gaiteiros Trécola.

As festas proseguirán este sábado 29, día adicado a San Roque, cunha misa solemne a partir das 13.00 horas amenizada novamente pola agrupación Trécola.

O domingo 30 de agosto será a celebración do Carme, con misas ás 11.00 e ás 13.00 horas amenizadas pola Banda de Música de Lousame. Ademais, ás 12.00 horas a banda achegará a veciños e visitantes un concerto de pequeno formato no adro da igrexa de San Pedro.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.