“Empregou Marrocos a presión migratoria en Ceuta coma ferramenta política?” – Antón Luaces

04 Agosto 2026

Á instancia xudicial, a Policía deberá informar sobre se a chegada a Ceuta de milleiros de persoas -marroquís e subsaharianas- foi orquestrada. A Audiencia Nacional, por iniciativa da titular do Xulgado Central de Instrcción, abre unha investigación por esa entrada masiva en Ceuta, caso que podería ter consecuencias penais para funcionarios e autoridades estranxeiras, desencadeando sancións penais e unha crise diplomática con Marrocos, xa que logo afecta directamente á seguridade nacional e á política migratoria.

Quere saber a Audiencia Nacional se as avalanchas migratorias en Ceuta foron un ataque organizado (por boca de Santiago Abascal, unha invasión).

A xuíza María Tardón quere determinar se a entrada masiva de ducias de milleiros de persoas os pasados días 30 e 31 de xullo resposta a unha “acción concertada” desde Marrocos e pon a lupa sobre un episodio que rebordou as costuras da cidade autónoma e que agora pode ter consecuencias penais após a denuncia de Iustitia Europa, organización que acusa a funcionarios, integrantes de organizacións criminais e autoridades tanto españolas coma estranxeiras. 

Aínda que non hai imputados concretos, semella que a atención está centrada en Marrocos. De feito, a xuíza quere que a Comisaría Central de Estranxeiría e Fronteiras detalle o número de axentes despregados, que protocolos foron activados e se existiu pasividade ou connivencia. 

En definitiva, o auto  da Audiencia Nacional procura indicios de que a avalancha foi dirixida premeditamente,  por exemplo abrindo as portas adrede ou aproveitando un aparente relaxo dos controis marroquís. Unha investigación baseada en  posibles delitos contra a integridade territorial e contra dos dereitos dos cidadáns estranxeiros que poderían desencadear ordes de detención contra responsábeis marroquís, escenario que tensaría aínda máis as xa delicadas relacións con Rabat.   

Será este o motivo polo que se dilatou a intervención de máis forza pública e o propio Exército obrigando así a que tamén Marrocos reactivara os seus efectivos de control fronteirizo?. Talvez se cavilara máis polos efectos desa obriga nos gobernos de Estados Unidos de América e Israel, apoios evidentes de Marrocos?.  

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.