Cé Orquestra Pantasma fará bailar á rapazada no marco da Romaría de Bealo, este luns 31

26 Agosto 2026

No marco da célebre Romaría de San Ramón de Bealo (Boiro) vaise celebrar na dita parroquia, este luns 31 de agosto, unha actuación infantil e familiar de Cé Orquestra Pantasma, a partir das 17.00 horas, de entrada libre.

Será unha cita para todos públicos organizada polo Concello ao abeiro da rede cultural da Deputación da Coruña.

Cé Orquestra Pantasma é o proxecto musical unipersoal e versátil de César Freiria,n músico autodidacta vigués que actúa como un auténtico home orquestra. Desde o verán de 2008, percorre festas, feiras e festivais de toda Galicia e Portugal cun espectáculo cargado de enerxía, ritmo e interacción co público.

No marco da rede cultural da Deputación, Cé achega unha proposta clásica. Nela, César Freiria toca simultaneamente o acordeón, o bombo, os pratos e instrumentos de vento. Está pensada para dinamizar prazas, feiras tradicionais e festas populares dos concellos coruñeses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.