
O Concello de Boiro colabora co Club de Piragüismo Rías Baixas na celebración da 6ª regata de piragüismo da Liga Provincial da Coruña que terá lugar este sábado 29 de agosto na praia de Barraña, no termo municipal boirense.
O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba xunto co presidente do Club, Sergio Pérez Treus.
A proba desenvolverase a partir das 16.00 horas e nela participarán as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como feminino.




