Avanzan as obras de rehabilitación integral da Casa da Cultura de Boiro

27 Agosto 2026

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, visitaron esta mañá a Casa da Cultura de Boiro xunto co arquitecto municipal, Emilio Piña, para coñecer como avanzan as obras de rehabilitación integral do inmóbel. Lembraron que as actuacións, adxudicadas por 3,6 millóns de euros, contan con financiamento do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana mediante o PIREP Local.

Engadiron que a nova estrutura “vai renovar por completo o edificio actual, construído en 1988, dotándoo de accesibilidade universal e cun envolvente que garanta a eficiencia enerxética do mesmo”.

O novo edificio pasará así de 1.792 metros cadrados a 2.927 para adaptarse ás novas necesidades e servizos, no que van convivir a área administrativa, a biblioteca e o auditorio.

En canto ao auditorio, que será o gran protagonista desta reforma, ampliará a súa capacidade ata un total de 535 espectadores, unha ampliación do 46% respecto da súa capacidade actual; “permitindo o uso flexíbel cunha ocupación do 50%, 70% ou do 100%”, sinalaron, engadindo que “o espazo do auditorio completarase con camerinos, espazo de almacén, unha sala polivalente para formación, un vestíbulo principal para a realización de actos e a renovación integral dos aseos”.

Romero, Outeiral e Piña recordaron ademais que a biblioteca estará adaptada ás novas necesidades e requirimentos actuais con catro zonas diferenciadas: “Contará con espazo para arquivo e depósito de libros; unha aula de estudo con 32 postos; espazo informático con 8 postos; e un espazo específico para ludoteca e actividades infantís”.

A actuación completarase cunha área administrativa formada por unha zona de traballo para atención ao público, despachos, unha sala de reunión polivalente, almacén e arquivo.

En materia de liberación de barreiras, informaron de que “a totalidade do inmóbel disporá de accesibilidade plena e universal dende a avenida da Constitución, para o que se vai crear un percorrido con zonas de sombra e descanso a modo de gran vestíbulo exterior con pendentes inferiores ao 70% que permita conectar o inmoble coa rúa, ademais de garantir a accesibilidade interior de todo o edificio”.

Ademais a construción pasará dunha cualificación enerxética E a unha A, ao contar cun deseño para que o balance de emisións e consumo sexa cero mediante a mellora do illamento térmico, mellora da iluminación cun sistema de moi baixo consumo, sistemas de calidade de aire interior con renovación e sistemas de xeración de enerxía fotovoltaica.

Esta actuación conta co financiamento do Goberno de España a través do Programa de Impulso á rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) Local.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.