
O Concello de Boiro leva a cabo, durante o curso 2026/2027, o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V destinado a 20 alumnos/as traballadores divididos nas especialidades de Repoboacións Forestais e tratamentos silvícolas e Instalación de elementos de carpintería. Os 10 alumnos e alumnas participantes na modalidade de carpintería comezaron xa a formación práctica.

A través desta formación levarán a cabo traballos de integración de elementos de carpintería no Pazo de Goiáns; mellora da sinalización do Camiño A Orixe; mellora e creación de pasarelas en Barraña, Carragueiros e Mañóns e mellora das instalacións dos elementos de carpintería nos Centros Sociais do concello.

O alumando, que conta cun contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo, fórmase de xeito teórico e tamén práctico. Para levar a cabo este Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 467.052,00 euros.




