Alfonso Rueda e o sonense Anxo Queiruga (COGAMI) participan na inauguración da senda peonil e ciclista entre O Milladoiro e Santiago

14 Agosto 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe o último treito da senda peonil e ciclista entre O Milladoiro (Ames) e Santiago de Compostela (que une Milladoiro coa Intermodal de Compostela), da que dixo que é “xa unha opción fronte ao vehículo particular”, cunha ruta integrada na paisaxe, accesíbel e conectada co transporte público, que “contribúe así mesmo ás políticas de transición ecolóxica e de cambio climático”. Rueda chegou a estrear a ruta en bicicleta, na compaña do presidente da confederación COGAMI, o sonense Anxo Queiruga (tal e como se aprecia na imaxe). O presidente tamén estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Por certo que Rueda fixo o percorrido cun dos vehículos da entidade ComposCleta, referente local e galego en mobilidade limpa.

Segundo explicaron, trátase dun traxecto de case 6 km no que a Xunta investiu 7,5 millóns de euros, co-financiados con fondos Next Generation, que desde hoxe xa se pode percorrer en bicicleta, a pé ou en vehículos de mobilidade persoal.

O eixo de mobilidade sostíbel de Santiago de Compostela está composto por tres treitos —permite chegar tamén ao Hospital Clínico e San Caetano— e suma en total 10,3 quilómetros, cun investimento de 11,2 millóns de euros.

Segundo salientou o presidente, dáse así resposta a unha demanda social de conexións seguras para camiñar ou circular en bicicleta. Do mesmo xeito, contribúese a reducir as emisións ao medio ambiente, tendo en conta que se calcula que percorrer en bicicleta o  treito entre O Milladoiro e a estación intermodal de Santiago de Compostela pode levar uns 20 minutos.

Rueda encadrou esta infraestrutura na aposta do Goberno galego por unha mobilidade saudábel e respectuosa co medio ambiente, apuntando que este tipo de actuacións “favorecen tamén a seguridade viaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.