Aguiño camiñará contra o cancro na cuarta andaina solidaria do 6 de setembro

04 Setembro 2026

A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) coa colaboración do Concello de Ribeira e outras entidades impulsan a cuarta andaina solidaria para camiñar por Aguiño no 6 de setembro. A saída será dende o porto da parroquia, a partir das 19.30 horas, para completar unha distancia de
aproximadamente 5 quilómetros pasando a carón do mar ata o lavadoiro de Penisqueira.

Durante a súa intervención, o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, gabou o dinamismo desta entidade e a cantidade de probas deportivas que promoven para recadar fondos para a investigación contra o cancro e seguir concienciando á cidadanía sobre esta enfermidade. A outra andaina Ribeira en marcha contra o cancro ou a travesía a nado Illa de Rúa son dous exemplos, salientou, engadindo que “dende o Concello de Ribeira apoiamos todas estas accións que axudan a sensibilizar á veciñanza e tomar parte activa para poñer da súa parte para mudar unha realidade”, en palabras do edil.

No acto de presentación tamén participaron a presidenta da xunta local de Ribeira da AECC, María Jesús Paz; a vicepresidenta, Ramona Paz; a vogal, Teresa Sampedro; e o patrón maior da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, José Antonio Santamaría.

O prazo de inscrición xa está aberto a través dos teléfonos de contacto 630 252 426 ou no 630 921 446, na sede da xunta local ou na propia andaina. A contía a aboar será de 5 euros, ademais de dispoñer da opción de adquirir a camiseta por outros 5 euros. No caso de menores de 12 anos, o importa a pagar para participar estipúlase nos 3 euros.

Outros artigos

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.