A solidariedade encheu o concello de Outes na IV edición da Festa dos Callos de ADISBISMUR

01 Agosto 2026

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) celebrou este sábado 1 de agosto a IV Festa Benéfica dos Callos, unha cita solidaria con epicentro na Horta do Muíño e que tivo novamente o obxectivo de reunir á veciñanza arredor dunha xornada de convivencia para apoiar o labor que desenvolve a entidade.

A programación contou cun amplo apartado musical, encabezado polas actuacións de Chiña e Pablo Balseiro, ás que se sumaron Os Jaitas Blue, Pandereteir@s do Tremuzo, Aires de Broña, Abelleira e Punto, ademais de charanga e DJ, que animaron a festa ao longo do día.

A degustación contou con máis 1.500 racións preparadas e incluíu callos, pan, bebida, sobremesa e café.

A xornada completouse con diferentes actividades para todas as idades, entre elas unha andaina que iniciará ás 10 horas, pachangas de fútbol, pintacaras e inchables, co propósito de ofrecer un espazo de encontro para familias e persoas participantes.

Na cita participou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, quen puxo en valor o papel de ADISBISMUR, que “suma máis de catro décadas traballando para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, favorecer a súa autonomía e avanzar cara a unha sociedade cada vez máis inclusiva”. Ademais, a conselleira, que estivo acompañada do alcalde de Outes, Francisco Calo, e do presidente da entidade inclusiva, Ramón Sestayo, tamén quixo agradecer a implicación das preto de 200 empresas colaboradoras e de todas as persoas voluntarias que fan posible este evento solidario.

A celebración desta cuarta edición da Festa Benéfica dos Callos contou coa colaboración e implicación dos concellos de Outes, Muros, Carnota e Mazaricos, ademais dun amplo número de empresas e establecementos da comarca, cuxo apoio fai posíbel cada ano a organización desta iniciativa solidaria.

Todos os fondos recadados nesta festa gastronómica serán destinados tanto para a nova residencia que prevén abrir para o ano que vén como tamén para actividades e renovación de material do centro de atención diúrna que a entidade ten en Valadares (Outes), ao que acoden de luns a venres 52 persoas con discapacidade e 22 profesionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.