“A sanidade pública na UCI” – José Manuel Pena

31 Agosto 2026

O negocio é a causa máis evidente do desmantelamento da sanidade pública, por parte dos responsables da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Os nosos gobernantes son conscientes de que ás persoas nos preocupa a nosa saúde e a dos seres queridos, por iso se se demoran en concertarnos unha cita ambulatoria ou hospitalaria ou ben en realizar unhas probas médicas urxentes e necesarias tenderemos a acudir á sanidade privada. Con ese medo xogan, coa saúde das persoas máis vulnerables que non poden custearse unha asistencia sanitaria particular.

Cada vez menos médicos e persoal sanitario; máis demoras na concesión das citas para a atención primaria; meses e meses á espera de probas médicas para o diagnóstico; tardanza nas operacións cirúrxicas; carencia de camas e habitacións para hospitalización. É dicir, unha serie de anomalías e carencias que están precarizando á sanidade pública. A Sanidade atópase instalada, desde hai moito tempo, na Unidade de Coidados Intensivos.

Por outra banda, as queixas ou denuncias, a través do servizo de atención ao paciente, teñen pouca eficacia xa que nin as contestan ou ben se limitan a prometer unha maior dilixencia nas solucións á problemática que se traslada nas follas de reclamacións ante o SERGAS.

                            

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.