A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) vai rematar agosto apostando novamente polo comercio local e polas vantaxes de mercar en clave de proximidade. Farao este sábado 29 de agosto coa segunda edición de Tendas á Rúa.
Celebrarase na praza do Concello e consistirá nunha iniciativa que busca dinamizar o comercio local e achegar os establecementos á rúa en horario de mañá, de 11 a 14:30 horas.
Tras a boa acollida da primeira edición, os comercios participantes volverán saír á rúa para ofrecer os seus produtos no transcurso “dunha xornada moi especial”, en palabras da AER.
Desde a organización animan á veciñanza a visitar a praza do Concello este sábado e a apoiar deste xeito o comercio local.





