A Pobra impulsa unha nova edición do Comercio na Rúa para dinamizar o comercio local

04 Agosto 2026

A praza do Emigrante acollerá do 7 ao 9 de agosto unha nova edición do Comercio na Rúa, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal coa que se busca dinamizar a actividade comercial e poñer en valor a ampla e variada oferta dos establecementos participantes.

A presentación da iniciativa celebrouse este martes 4 de agosto no establecemento FinaCampaña, coa participación da concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, e do xerente do comercio, Eduardo Dorgambide, quen destacaron a importancia de impulsar accións que favorezan a visibilidade do pequeno comercio e animen á veciñanza e ás persoas visitantes a mercar no comercio de proximidade.

Téxtil, complementos, artesanía e outros produtos serán algunhas das propostas que o público poderá atopar durante estas tres xornadas, nas que os comercios sairán dos seus locais para achegar os seus artigos á veciñanza e ás persoas que visitan a localidade durante o verán.

A iniciativa, como o seu propio nome indica, consiste en sacar o comercio á rúa, creando un espazo común no que os establecementos poidan amosar a súa oferta nun ambiente diferente e próximo. Neste sentido, dende a Concellaría de Promoción Económica incídese en que “non se trata dunha feira de estocaxe, senón dunha proposta de dinamización comercial que pretende dar visibilidade ao pequeno comercio, favorecer o contacto directo coa clientela e impulsar as compras nos establecementos participantes”.

O evento contará coa presenza de comercios locais de diferentes sectores, principalmente vinculados ao téxtil, así como con establecementos procedentes doutros municipios e cunha destacada representación da artesanía. Deste xeito, o Comercio na Rúa conformará unha oferta diversa, na que se combinarán produtos e propostas de diferentes estilos, contribuíndo a crear un espazo atractivo tanto para a veciñanza como para as persoas que se acheguen á Pobra durante esas datas.

Os postos instalaranse na praza do Emigrante cunha coidada presentación, recreando a estética e a identidade dos propios establecementos e permitindo que o público coñeza de preto os produtos e as propostas que ofrecen.

A celebración terá lugar do 7 ao 9 de agosto. O horario de apertura será o venres 7, de 19.00 a 23.00 horas, mentres que o sábado 8 e o domingo 9 permanecerá aberto de 11.00 a 23.00 horas.

Os comercios participantes nesta edición serán Burbujas, FinaCampaña, El Armario de Mi Amiga, El Armario de Alia e Arte Creativa.

Con esta nova edición, a Concellaría de Promoción Económica continúa apostando por iniciativas que contribúan a dinamizar a actividade económica local, reforzar a visibilidade do pequeno comercio e aproveitar o incremento da afluencia de persoas durante os meses de verán para impulsar as compras de proximidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.