A pintura de Rosa Fernández Caamaño regresa a Noia

06 Agosto 2026

O Casino de Noia acolle do 4 ao 31 de agosto unha nova exposición da artista noiésa Rosa Fernández Caamaño, unha oportunidade para descubrir a obra dunha creadora profundamente vencellada á súa terra de orixe.

Nada en Noia, Rosa Fernández Caamaño desenvolveu a súa carreira profesional como docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, sen abandonar nunca a súa paixón pola pintura, que a acompaña desde a infancia.

Ao longo da súa traxectoria participou en distintas exposicións colectivas en Noia e, no ano 1990, protagonizou unha exposición monográfica na Casa da Cultura. Agora, máis de tres décadas despois, regresa para compartir de novo a súa obra co público noiés.

Alén da súa faceta creativa, Fernández Caamaño conta cunha ampla traxectoria no ensino profesional como docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

A entrada é libre.

A exposición poderá visitarse ata o 31 de agosto, de martes a sábado, en horario de 10:30 a 14:00 h.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.