A Escola de Música de Muros abre a segunda convocatoria de matricula do 1 ó 18 de setembro

31 Agosto 2026

A Escola de Música de Muros abre desde este 1 de setembro, e ata o 18 de setembro a segunda convocatoria de matrícula para o curso 2026-2027.

As inscricións poden formalizarse na sede da Escola de Música no edificio San Xosé de Muros os luns, mércores e venres, de 10:00 a 14:00 horas, e os martes de 16:00 a 20:00 horas.

Na sede da Escola de Música en Esteiro, no edificio do Areal, poden formalizarse as matrículas os martes e xoves, de 10:00 a 14:00 horas, e os mércores de 16:00 a 20:00 horas.

“A Escola de Música continúa consolidándose como un espazo de referencia para a formación musical no noso concello, cunha programación moi variada para nenos, nenas e adultos”, sinalou a concelleira de Ensino de Muros, Laura Rivadeneira, ao tempo que animou “á veciñanza a matricularse e formar parte da escola”.

Pola súa banda, o director da Escola de Música, César Acuña, engade que “este curso traballaremos cada día para ofrecer unha formación musical de calidade, cun ensino próximo e adaptado ás necesidades de todo o alumnado”.

Na primeira convocatoria formalizaron a súa matricula 75 alumnos e alumnas.“O noso obxectivo é que cada persoa atope na escola un espazo no que aprender, medrar e gozar da música”, remata Acuña.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.