A Escola de Música da Pobra abre a reserva de prazas para o curso 2026/2027

25 Agosto 2026

A Escola de Música da Pobra abre os días 25 e 27 de agosto o primeiro prazo de matrícula para o curso 2026/2027, destinado á reserva de prazas.

O proceso desenvolverase ás 20.00 horas na Casa da Cultura Raquel F. Soler.

Segundo informou o Concello, a formalización da reserva garante a praza e permite ter preferencia á hora de escoller os horarios. A elección poderá realizarse por teléfono, sen necesidade de facer colas nin esperas.

Cómpre ter en conta que, unha vez publicados, os horarios se adxudicarán por rigorosa orde de matrícula.

Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar con Organistrum a través dos teléfonos 636 342 485 e 616 901 276, ou do enderezo electrónico organistrumsc@gmail.com.

Tamén está dispoñible o contacto da AC ESMU A Pobra, no teléfono 653 296 378 e no correo electrónico esmuapobra@gmail.com.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.