A Coral Polifónica de Noia organiza este 5 de setembro unha gala benéfica por Venezuela

31 Agosto 2026

O vindeiro 5 de setembro, o Coliseo Noela acollerá unha gala benéfica por Venezuela organizada pola Coral Polifónica de Noia na que diferentes agrupacións musicais de Noia unirán as súas voces por unha causa solidaria. Todo o recadado coas entradas, rifas e sorteos irá integramente destinado á iniciativa Noia con Venezuela, unha proposta de axuda coas persoas damnificadas polo terremoto.

A gala dará comezo ás 19.00 horas no Coliseo Noela. Terá un prezo de 5 de euros. A billeteira abrirá ás 18.00 horas.

O Concello de Noia, que colabora na iniciativa, agradeceu á Coral Polifónica de Noia a organización desta iniciativa e a súa implicación para facela posíbel, así como a todas as agrupacións que se suman de maneira solidaria.

Ademais da venda de entradas, durante a gala realizaranse rifas e sorteos para maximizar a recadación solidaria.

Actúan a Coral Polifónica de Noia (organizadora do evento), a Banda de Música de Noia, o Coro Canta Paranoia, o Coro de Cando, o Club de Xubilados de Noia e a agrupación folclórica Os Salgueiriños.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.