A cantante lucense Lucía Pérez estará este venres 14 de agosto no Porto do Son, ofrecendo un concerto a veciños e visitantes a partir das 23.00 horas no porto da vila sonense.
A cita será de acceso libre e gratuíto para todo o público. Organiza o Concello coa colaboración da Xunta de Galicia.
O concerto encádrase na xira actual da cantante, da que podemos ver información sobre as súas actuacións e viaxes no Facebook de Lucía.
Esta xira coincide co aniversario dos seus 20 anos na música. De feito, o concerto do Son forma parte da súa xira especial 20 Aniversario. Consiste nun percorrido polos grandes éxitos musicais das súas dúas décadas de traxectoria sobre os escenarios.




