A brigada forestal de Noia permanecerá activa ata o outubro realizando labores de prevención e extinción do lume

13 Agosto 2026

O Concello de Noia vén de facer un balance do traballo despregado estes días pola Brigada Forestal municipal, que leva xa varias semanas traballando na prevención de incendios e na protección do territorio durante os meses de maior risco, e co agravante de virmos de saír dun mes (o de xullo de 2026) que bateu o triste récord de ser o máis cálido da nosa historia.

O servizo foi adxudicado este ano á empresa local Sermeam e conta cun operativo formado por 4 peóns e 1 xefe de brigada, que permanecerá activo ata o mes de outubro.

Nas últimas semanas, a brigada xa realizou labores de prevención de incendios, limpeza e acondicionamento de camiños forestais en diferentes puntos de Santa María de Roo, Argalo e Castro Lampreeiro. Segundo confirmou o Concello, é “unha das poucas brigadas da comarca que se atopa actualmente operativa, desenvolvendo un traballo especialmente importante nesta época do ano”.

A estes medios súmanse dous motobombistas contratados directamente polo Concello de Noia, reforzando a capacidade municipal de prevención e actuación fronte aos incendios.

Para garantir o correcto funcionamento, o Goberno municipal solicitou á Xunta unha nova motobomba, “debido ao avanzado estado de deterioro da actual”. Ao mesmo tempo, dende a Administración local trasladouse á autonómica a necesidade de incrementar a súa achega económica, xa que, explican, o financiamento actual resulta insuficiente para cubrir o custo real dun servizo que presta apoio e dá cobertura ao conxunto dos concellos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.