“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

06 Agosto 2026

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polos
alcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dos
textos das esquelas que se publican nos xornais.
O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas datas en 1975 tiven unha
demorada conversa con veciños da miña aldea sobre estas curiosidades onomásticas.
Daquela eran moi frecuentes os apelidos “Expósito”, por exemplo, porque evidenciaban
que o naipelo fora abandonado pola súa nai no torno dun hospicio. As monxas
rexistrabannos con tal apelido. Os párrocos aos fillos/as de nais solteiras inscribíannos
con chuscas filiacións como “Incógnito”,”N.T.” (no tiene), “N.C.” (no consta), “No”,
“Desconocido”, “Sin Segundo” ( Celso E. Ferreiro dedicoulles un poema: “Fuco Pérez Sen
Segundo”). Coñecín moitas persoas con esas odiosas filiacións.
Chegada a maioría de idade a lexislación permitíalles cambiar esas filiacións para non ter
que apandar de por vida co carisma da deshonra. Foi asi como os “Sen Segundo”
puideron pasar a chamarense “Sansegundo”. Lembro que en Vigo naqueles anos había
un xuíz con ese apelido, que supoño lle viría de herdanza; funcionario xudicial de talante
autoritario e parcial na súa actividade xurisdicional que mantiña estreitas relacións de
complicidade ideolóxica coa Brigada Político-Social, os máis deles coñecidos tamén polos
seus alcumes : “A Cotovía”, “Benito O Cornudo”, “A Píta de Pesqueiras”, “O seminarista”,
“O guapo”, “O baldreu”… Moitos deles tiñan como medio de vida a extorsión e o exercicio
da tortura, práctica esta que adoitaban utilizar para sonsacarlles aos detidos confesións
pola forza. Cumpridas as setenta e dúas horas da detención tiñan que presentar os
detidos perante o Xuíz. Daquela facíanlles esta malévola advertencia: “Desta non te
salvas, porque está Sansegundo de garda, e vas directamente para o cárcere.
No meu caso, Sansegundo asinou unha orde ingreso na prisión de Vigo. Aos quince días
meu pai pagou 50.000 pesetas para conseguir a miña liberdade condicional. Mais foi o
caso que ao saír xa me estaban agardando fóra os que me torturaran. Como non me
puideran quitar ningunha confesión delatora anteriormente, no coche, camiño da
comisaria, fóronme advertindo que desta volta ía saber o que era bó, aludindo asi a
formas de tortura máis violentas. Nada máis choerme na cela prepareime
sicoloxicamente para os interrogatorios. Acordei entón dun dito popular que di : “mentres
o pau vai e vén,descansa o lombo”; ou aquel outro que afirma que “o que malla tamén
cansa” Neses periodos de tempo atopaba refolego. Iso desquicíabaos. Subiron o ton da
tortura meténdome nun claustrofóbico cortelliño de mínimas dimensións,escuro e sen
respiradeiro. Chamánbanlle eles “o amolecedor”. Os detidos sofrían tal crise de ansiedade
que desperados pedían a berros que os liberasen a cambio de recoñecer o que lles
pedísen. Eu aguantei. (“non hai mal que cen anos dure”,convencíame a min mesmo). Iso
alporizounos aínda moito máis.Buscaron outro escenario.Leváronme ás tres da
madrugada á praia de Alcabre onde simularon un “paseo”. Tampouco lles resultou
eficaz.Dei a volta e mirándoos desafiante díxenlles que disparasen; eu serei a víctima e
vós os asasinos”.
O caso foi que aqueles policías con alcumes xa citados tiveron que presentarme outra vez
no Xulgado. Pero desta volta o xuíz chamábase Luís Manuel Amador Moreiras. Feita a
pregunta de rigor: “Tiene algo que declarar”?, respondínlle que si abrindo a camisa para

que vise como tiña o corpo cheo de mazaduras. Aquel maxistrado demócrata quedou
abraiado polo estado que presentaba, díxo: “Yo de esto no quiero saber nada”. Instoume a
fuxir. Para curarse en saúde ditou unha orde de busca e captura. (“Estando el detenido
prestando declaración abandono precipitadamente mi despacho”).Aínda vive Nemesio
Barxa,o meu avogado, para contalo.
Aquela orde de busca e captura estivo en vigor deica 1984. Durante eses anos, malia ter
sido amnistiado, e sendo funcionario público, fun incordiado, retido e detido ben veces.
Como di Óscar Alzaga no seu libro “La conquista de la transición (1960-1978).Memorias
documentadas”, referíndose a Rodolfo Martín Villa, ministro de Interior, “sus órdenes de
destrución de las fichas policiales para propiciar la reconciliación política nunca se
cumplieron”.
As vicisitudes que vivín relatareinas nas memorias que estou a escribir. Non esquecerei
que días antes do 12 de agosto,alguén que debera estar no exilio en Porto, tomou a
temeraria decisión persoal de vir de vacacións a Vigo “para estar coa familia”(!). Aínda
hoxe non sei como intepretar aquel feito.
*Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.