Xa están abertas as inscricións para a nova Andaina Nocturna do Terror “A Santa Compaña”

28 Xullo 2026

Xa vai quedando menos para unha particular proba deportiva, lúdica e cultural que se celebra en Rianxo cada verán e que ten a principal característica de xuntar, nunha mesma queda, a seareiros do deporte ao aire libre e a seareiros da longa tradición oral, literaria e cinematográfica de contos de terror e misterio. Estamos a falar da Andaina da Santa Compaña de Taragoña – Rianxo (a Andaina Nocturna do Terror), unha das actividades máis espectaculares do calendario deportivo rianxeiro e que está prevista para o vindeiro 15 de agosto.

As inscricións están abertas en RockTheSport. Organiza a Sociedade Deportiva Barbantia Roda coa colaboración do Concello de Rianxo. Celebrarase en horario nocturno: de 23:00 a 3.00 horas. As persoas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán participar cunha autorización por escrito dos proxenitores. Entre os 8 e os 14 anos ademais do anterior deberán ir acompañados/as dun adulto.

O punto principal da actividade sitúase novamente na Area Recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña. A andaina iniciarase ás 23:00 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.