“Un problema afecta aos políticos galegos que dirixen ao PP nacional?” – Antón Luaces

28 Xullo 2026

Foi evidente na carreira de Mariano Rajoy como máximo responsable do PP e presidente do Goberno, mais tamén o é na de Alberto Núñez Feijoo na súa condición de presidente nacional do PP: ambos os dous semellan ser “incongruentes” en circunstancias que politicamente fan cavilar sobre a súa capacitación para ostentar ese cargo de máximo dirixente do principal partido político de España. 

Despiste, falar por falar ou seren  conscientes de que o que dicían serían un “destacado” nos medios de comunicación?. “Un vaso é un vaso e un prato é un prato”, dixo unha vez Rajoy, autor asimesmo da popular “Canto pior mellor para todos e canto pior para todos, mellor para min, o seu beneficio político”. 

Feijoo non se mete nestes “fregados”, pero onte “descontrolóuselle” unha apreciación, tal ve consecuencia das ganas que ten de que se celebren eleccións xerais e que estas lle permitan ocupar o palacio da Moncloa. 

Ultimamente o presidente do PP ataca constantemente a RTVE e, posiblemente levado po esas ganas de cambio responsabilizou aos actuais dirixentes da radio e a televisión públicas de España de manipular os informativos e non atopou nesta ocasión nada mellor que acusala de incumprir os estatutos da radio-televisión pública sinalando que os informativos deben ter en conta os resultados electorais e asignar os tempos da información en relación dos estes.

Imaxina o lector que sería un informativo no que primasen, efectivamente, eses resultados sen dar valor á información?.

Ás veces canto se gaña estando calados.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.