Turismo de Galicia contribúe a mellorar a contorna da Torres de Catoira e reforza a celebración da Romaría Viquinga

07 Xullo 2026

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo González, supervisou este martes 7 de xullo as obras de mellora da contorna das Torres de Catoira que incluíron entre outras actuacións a creación dun punto de información turística así coma accións de mellora da accesibilidade ao monumento, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

As actuacións están enmarcadas no Plan Xacobeo Next Generation, cofinanciado pola Unión Europa a través dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, no que a Xunta investiu 22,7M€ para rehabilitar un total de 10 BICs da comunidade de titularidade pública.

Máis polo miúdo, o orzamento total destinado á rehabilitación do conxunto monumental Torres de Oeste de Catoira foi de máis de 400.000 euros, unha cifra que foi destinada a varias actuacións, como a creación dun punto de información turística e un proxecto de recreación virtual que permite ao visitante achegarse á época das invasións normandas.

Outra das accións ás que se destinou o investimento consistiu na iluminación do complexo arquitectónico. Ademais, completáronse outras actuacións que permitiron mellorar o recinto, o acceso ao mesmo e, en xeral, as infraestruturas turísticas do conxunto.

As Torres de Oeste, de orixe prerrománica, están localizadas na desembocadura do río Ulla. Foron declaradas Monumento Histórico-Artístico en 1931, e posteriormente recoñecidas como Ben de Interese Cultural.

O conxunto é un símbolo de Catoira e o escenario central da Romaría Vikinga, celebración que recrea o desembarco normando e Festa de Interese Turístico Internacional desde 2002. Estímase que cada ano reúne a máis de 50.000 persoas.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.