A seca e a precaria situación das reservas hídricas no río Tambre puxeron a Santiago de Compostela nunha situación límite. Ante este escenario crítico, a alcaldesa Goretti Sanmartín (BNG) vén de activar un bando municipal con medidas drásticas de aforro, cuxo obxectivo principal é claro: «garantir o abastecemento de auga potable para o consumo humano e os usos esenciais».

A rexedora compostelá fixo un chamamento directo á colaboración veciñal, pero a situación xa non admite só boas intencións. O novo bando establece unha serie de prohibicións de obrigado cumprimento que afectan de cheo á rutina diaria da capital galega:
- Piscinas privadas: Queda rotundamente prohibido o cheo, xa sexa total ou parcial, de calquera piscina privada.
- Lavado de vehículos: Prohíbese lavar coches utilizando auga da rede municipal. A única excepción serán os negocios profesionais que posúan a licenza correspondente para desenvolver esta actividade.
- Rego de xardíns e hortas: Supéndese o rego de xardíns, zonas verdes, espazos ornamentais e hortas particulares (non profesionais). Solo se permitirá o rego se se emprega auga que non proceda da rede pública ou nos casos estrictamente meirandes en que sexa imprescindible para evitar a morte de árbores e plantas.
- Fontes ornamentais: Deberán pecharse todas aquelas fontes públicas que consuman auga potable de forma continua. Únicamente poderán seguir funcionando as que conten cun sistema pechado de recirculación.
Máis alá do réxime sancionador e das prohibicións estritas, dende o Concello instase á cidadanía e ao sector comercial a adoptar hábitos de aforro no ámbito doméstico e empresarial. «A colaboración de toda a veciñanza é fundamental para preservar un recurso esencial como é a auga e garantir a súa subministración a toda a poboación», subliñou Sanmartín.
Estas restricións sen precedentes recentes na cidade estarán vixentes ata novo aviso e a súa continuidade dependerá de como evolucionen os caudais e as reservas no Tambre durante as vindeiras semanas.




