Ribeira rendeuse á emoción do mar e das súas raíces para dar o punto de partida ás festas do verán de 2026. A reitora Rosa Crujeiras pregoeira das festas

30 Xullo 2026

A praza do Concello acolleu este mércores o pregón inaugural dás festas do verán de Ribeira de 2026, protagonizado pola veciña de Artes e reitora dá Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras

Coa praza do Concello vestida de gala e fervendo de xente, a veciña da Teixoeira en Artes e reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras, foi a encargada de acender a mecha duns festexos que prometen cinco días de intensa actividade cultural, musical e colectiva.

O acto, celebrado este mércores, contou cunha ampla representación institucional. A pregoeira estivo arroupada pola alcaldesa, María Sampedro; o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes; o conselleiro de Cultura, José López; e a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Na súa intervención para presentar á pregoeira, a rexedora María Sampedro non aforrou eloxios para Crujeiras, a quen definiu como un verdadeiro exemplo de inspiración para toda a veciñanza. Sampedro lembrou o fito histórico que supón que unha ribeirense sexa a primeira muller en acadar a Reitoría nos 531 anos de historia da USC, un logro que cualificou de «mérito colectivo». A rexedora aproveitou tamén para destacar a calidade do programa deste ano, deseñado para xerar grandes recordos entre pequenos e maiores.

Pero o momento máis emotivo da noite chegou cando Rosa Crujeiras tomou o micrófono. Cun discurso cargado de nostalxia e agarimo polo seu pobo natal, a reitora conectou de inmediato co corazón dos presentes:

«Hai lugares que nunca deixamos atrás. Mesmo cando marchamos, seguen connosco. Hai un arrecendo a salitre, unha luz sobre o mar, un recordo da infancia ou unha maneira de falar que nos acompañan toda a vida. Para min ese lugar é Ribeira. É Artes. A Teixoeira, onde nacín e medrei».

Crujeiras fixo énfase na riqueza e identidade das nove parroquias que conforman o municipio e no vínculo indisolúbel que gardan co mar, desexando a todos os veciños e visitantes uns días de festa nos que amosar unha Ribeira orgullosa da súa historia e con ollada firme cara ao futuro.

Co pregón xa pronunciado e os aplausos aínda resoando na praza, Ribeira arranca oficialmente cinco xornadas de celebrar na rúa, reecontrarse coas tradicións e compartir a ledicia do verán.

Unha axenda sen descanso: da orquestra Panorama ás Fillas de Cassandra

O pregón foi só o primeiro compás dunha máquina festiva que non se deterá ata o domingo. Tralas actividades infantís e deportivas do mércores, a esplanada da lonxa vella acolleu o primeiro prato forte musical da man da orquestra Panorama, encargada de facer bailar aos primeiros congregados ata ben entrada a noite.

A programación continúa este xoves 30 de xullo, xornada dedicada á Emigración. Trala habitual ruada das 10:00 e os espectáculos infantís na praza de Porta do Sol, a atención trasladarase á tarde coa inauguración da exposición Mulleres, de Jontxu Argibay (21:00 h, Centro Cultural Lustres Rivas), para culminar coa verbena da París de Noia no Malecón (23:00 h).

O venres 31, Día da Mocidade e Poboación Infantil, combinaranse opcións para tódolos públicos: desde o parque de inchables, o mercadiño solidario de A Creba e a festa da escuma no parque García Bayón, ata o torneo 3×3 de baloncesto na Pedra Pateira. Pola noite, o ritmo dividiráse entre o Ribeira Urban Fest na lonxa vella (con Lg1do) e a orquestra Olympus no Malecón.

O mar como protagonista e un peche de ouro

O momento máis emotivo e tradicional chegará o sábado 1 de agosto, Día da Virxe do Carme. A xornada arrancará con sabor a mar grazas á gran sardiñada popular en Bandourrío e a degustación gratuíta de peixe da OPP83 na praza dos Mariñeiros. Pola tarde celebraráse a misa solemne (18:30 h) e a posterior procesión marítimo-terrestre, amenizada polas Cantareiras de Amas de Casa. Para a noite reservedouse un dos concertos máis agardados: Café Quijano na praza de España (23:30 h), ademais da orquestra Miramar no Malecón e a música na praza de Pontevedra con Planet Discomóbil e Mateo Abelleira.

As festas enfilarán o seu recta final o domingo 2 de agosto, dedicado aos máis maiores, co Orballo Cultural na praza de España (21:00 h), que contará coas actuacións de Catuxa Salom e Fillas de Cassandra. Ás 00:00 horas, os fogos de artificio dende o paseo do Touro iluminarán o ceo de Ribeira antes da derradeira verbena coa orquestra New York.

Como broche final, o luns 3 de agosto celebraráse o Día do Neno e da Nena con prezos populares nas atraccións de feira.

Festas para todas e todos: inclusión e seguridade

Máis alá da música e do ocio, o Concello de Ribeira puxo o acento no carácter inclusivo e seguro destas celebracións:

  • Tramos sen ruído: Tódolos días, de 20:00 a 21:30 horas, a zona de atraccións apagará a música para garantir a participación de persoas neurodiverxentes ou con sensibilidade auditiva, contando ademais cun servizo de préstamo de cascos de redución do ruído a cargo de BarbanTEA no Malecón.
  • Puntos Violeta: Habilitaranse espazos de información, atención e acompañamento fronte ás violencias machistas en puntos estratéxicos como a rotonda das Amas de Casa, o Malecón ou a praza de Pontevedra durante as franxas nocturnas de maior concorrencia.
Inicio da actuación da Orquetras Panorama na explanada da Lonxa de Ribeira

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.